Monday 06 de May de 2024

O Concello de Laxe continúa cos traballos de limpeza de pellets nos seus areais


O Concello de Laxe continuou, ao longo destes días, cos traballos de vixilancia e control dos areais do municipio para controlar a presencia de pellets.

Tras a recollida realizada o pasado domingo en Traba por Protección Civil e persoas voluntarias, hoxe achegáronse ata o municipio varios efectivos de Tragsa para continuar con estes labores nas praias.

Desde o Concello aseguran que, nestes días, daráselle continuidade a estes traballos de maneira coordinada para manter controlada a situación.